Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 20156

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 464/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 464/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Mar Gutiérrez Vázquez contra Fondo de Garantía Salarial e Guntiñas e Iglesias, S.L., sobre ordinario, se ditou a Resolución do 24 de marzo de 2021.

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por María del Mar Gutiérrez Vázquez fronte á empresa Guntiñas e Iglesias, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Guntiñas e Iglesias, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de dous mil catrocentos corenta e un euros con corenta e catro céntimos de euro (2.441,44 euros) os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e este deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e facer constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Esta sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a ditou, no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Guntiñas e Iglesias, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza