De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación efectuada ao propietario do predio que se sinala no anexo, por ser descoñecido o seu paradoiro, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados son informados de que o expediente IN407A 2021/24-3, correspondente á instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA ALB803, apoio nº D38-17-4, está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias desta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º andar (Servizo de Enerxía e Minas). O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 6 de abril de 2021
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2021/24-3.
Termo municipal: O Carballiño.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB803, apoio nº D38-17-4.
Predio: 1.
Lugar: Pombal.
Cultivo: labor.
Referencia catastral: 32020A051000990000RG.
Titular: Ana María Valdés Garrido.
Afección: superficie de ocupación 2 m2 para o apoio D-38-17-4.