Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 20174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 5 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións dun predio por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación efectuada aos propietarios dos predios que se sinalan no anexo, por ser descoñecido o seu paradoiro, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados son informados de que o expediente IN407A 2021/20-3, correspondente á instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA DC SCV810-SCV825-apoios nº D12 e nº D13, está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1-3º andar (Servizo de Enerxía e Minas). O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 5 de abril de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/20-3.

Termo municipal: San Cibrao das Viñas.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA DC SCV810-SCV825-apoios nº D12 e nº D13.

Predio nº: 1.

Paraxe: Rasgada.

Cultivo: Prado.

Referencia catastral: 32076A03700478.

Titular: Sara Sanmamed Sanmamed.

Afección: superficie 4 m2 de ocupación para os apoios D12 e D13.

Servidume vóo: 92,3 ml, que representan 1.038,5 m2 de superficie afectada.

Predio nº: 2.

Paraxe: Rasgada.

Cultivo: prado.

Referencia catastral: 32076A03700474.

Titular: Marina Álvarez Abraldes.

Afección: servidume voo: 19,7 ml, que representan 332,6 m2 de superficie afectada.