Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 19980

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 19 de abril de 2021 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nos centros dependentes da Xunta de Galicia durante a folga convocada para os días 22 de abril e 11 e 12 de maio de 2021 polas centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.) no sector da limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño).

Os representantes das centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.) comunicáronlle á Consellería de Emprego e Igualdade a convocatoria da folga que terá lugar desde as 00.00 horas do xoves día 22 de abril de 2021 ata as 24.00 horas do mesmo día e das 00.00 horas do martes día 11 de maio ata as 24.00 horas do mércores día 12 de maio do 2021, para a totalidade das empresas afectadas polo ámbito de aplicación do Convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña. Quedan só excluídas as empresas de limpeza de edificios e locais que conten cun convenio propio de empresa ou centro de traballo.

A este respecto, o artigo 10 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo, establece que, cando a folga se declare en empresas encargadas da prestación de calquera xénero de servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade e concorran circunstancias de especial gravidade, a autoridade gobernativa poderá adoptar as medidas necesarias para asegurar o funcionamento dos servizos.

Deste xeito, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais, que se concretan e xustifican nesta orde.

A xurisprudencia do Tribunal Constitucional, entre outras a STC 183/2006, do 19 de xuño, vén considerando como servizos esenciais aqueles que satisfacen dereitos e intereses dos cidadáns vinculados aos dereitos fundamentais, liberdades públicas e bens constitucionalmente protexidos, como son os dereitos á protección da saúde e o dereito á seguridade e hixiene no traballo, de acordo cos seguintes criterios:

a) Proporcionalidade entre os sacrificios que se impoñan aos/ás folguistas e os que padezan os/as usuarios/as dos servizos.

b) Equilibrio entre os dereitos e intereses do persoal en folga e os da cidadanía afectada.

c) Suficiencia na realización do traballo necesario que permita a cobertura mínima do servizo, aínda sen alcanzar os niveis normais de prestación.

Tendo en conta o anterior e con carácter xeral, cómpre ter presente que neste caso nos atopamos ante unhas circunstancias extraordinarias e graves que obrigan a afastarnos dos servizos mínimos fixados en anteriores convocatorias de folga. Referímonos á situación de emerxencia sanitaria en que nos encontramos como consecuencia da pandemia provocada polo coronavirus SARS-CoV-2 que causa a COVID-19.

Así, o artigo 43.1 da Constitución recoñece o dereito á protección da saúde, mentres que o número 2 dese artigo sinala que compete aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas. Pois ben, os servizos mínimos que se deben fixar para esta convocatoria de folga deben ser tales que permitan o cumprimento efectivo das medidas preventivas fixadas polos diferentes instrumentos regulatorios aprobados polas autoridades, pois con iso non só se protexe a saúde dos/das usuarios/as dos servizos públicos, senón toda a poboación en xeral, como medidas para evitar a propagación da pandemia. Dentro destes instrumentos cómpre ter en conta, con carácter xeral e de maneira aplicable a todos os centros abertos ao público, a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG núm. 115, do 13 de xuño de 2020), que recolle medidas especificas de hixiene e prevención para establecementos e locais con apertura ao público que obrigan a intensificar os labores de limpeza. Así, no punto 2.2 do anexo do referido acordo, sinálase:

Medidas de hixiene exixibles aos establecementos e locais con apertura ao público.

1. Os establecementos e locais que abran ao público realizarán, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións, con especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes, conforme o establecido na letra a) do número 2.1.

2. Revisarase frecuentemente o funcionamento e a limpeza de sanitarios, billas e pomos de porta dos aseos nos establecementos e locais con apertura ao público.

Neste contexto, e de maneira máis concreta, en relación coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, os servizos mínimos sitúanse entre o 50 % e o 100 % dos efectivos dada a actual situación sanitaria que fai imprescindible reforzar os servizos de desinfección e limpeza.

Polo que se refire á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en relación co Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural de Corrubedo, estes son centros de recepción de visitantes, polo que se ensucian máis do normal, e débense manter nunhas condicións hixiénicas mínimas, e máis por mor da COVID-19.

En canto ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz, é un centro de traballo de atención de animais, polo que tamén se ensucia máis do normal, polo que é imprescindible mantelo nunhas condicións hixiénicas mínimas, e máis por mor da COVID-19.

Polo que se refire aos centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a proposta que se realiza ten en conta, por unha banda, o dereito ao traballo e, por outra, o dereito á educación, entendendo que neste momento os dereitos constitucionais á vida, á integridade física e moral e o dereito á saúde cobran unha especial relevancia no marco da situación de emerxencia sanitaria en que nos atopamos como consecuencia da pandemia internacional provocada polo coronavirus SARS-CoV-2 que causa a COVID-19.

Cómpre ter presente, como se sinalou máis arriba, que os servizos mínimos que se deben fixar para esta convocatoria de folga deben ser tales que permitan o cumprimento efectivos das medidas preventivas fixadas polos diferentes instrumentos regulatorios aprobados polas autoridades.

Entre eses instrumentos regulatorios, no ámbito educativo cómpre salientar a Orde comunicada do ministro de Sanidade do 27 de agosto de 2020 (publicada no DOG do 28 de agosto de 2020 como anexo á Orde da Consellería de Sanidade do 28 de agosto de 2020), ditada baixo o amparo do artigo 65 da Lei 26/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema nacional de saúde, e a versión do 4 de novembro de 2020 do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21, publicado na páxina web corporativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Neste contexto resulta imprescindible o mantemento da limpeza, desinfección e ventilación dos centros educativos, razón pola cal resulta necesario fixar como servizos mínimos o 100 % do persoal de limpeza. Das normas e instrucións antes mencionadas recollemos algunhas da medidas que xustifican tales servizos mínimos:

«4. Medidas xerais de limpeza nos centros.

[...]

4.1.1. Limpeza polo menos unha vez ao día, reforzándoa naqueles espazos que o precisen en función da intensidade de uso, como no caso dos aseos, onde será de polo menos dúas veces ao día.

4.1.2. Terase especial atención nas zonas de uso común e nas superficies de contacto máis frecuentes como pomos das portas, mesas, mobles, pasamáns, teléfonos, perchas e outros elementos de similares características, así como billas, elementos das cisternas e outros dos aseos.

4.1.3. Durante a xornada lectiva unha persoa do servizo de limpeza realizará unha limpeza de superficies de uso frecuente e, no caso dos aseos, de polo menos dúas veces na xornada. En todo caso, nos aseos existirán xaboeiras ou material de desinfección para ser utilizado polos/as usuarios/as voluntariamente.

[...]

4.1.8. Deberá vixiarse a limpeza de papeleiras (todas con bolsa interior e protexidas con tapa), de xeito que queden limpas e cos materiais recollidos, co fin de evitar calquera contacto accidental».

Nos centros educativos universitarios afectados pola folga convocada no sector da limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña, campus da Coruña e Ferrol, son aplicables as mesmas xustificacións indicadas para os centros docentes non universitarios, para facer especialmente a limpeza de baños e zonas comúns tendo en conta a actual situación por mor da COVID-19.

Todas as circunstancias antes apuntadas son as que levan a establecer os servizos mínimos no 100 % do persoal de limpeza nos centros educativos afectados pola folga.

Polo que respecta aos centros dependentes da Área de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, propóñense os servizos mínimos indispensables para garantir a salubridade e as condicións de hixiene mínimas nos centros de traballo coa limpeza de baños e retirada do lixo.

No caso do persoal de limpeza na Cidade da Cultura, actualmente o número de persoal é superior dada a campaña de vacinación que se está a desenvolver nas súas instalacións.

Pola súa banda, nos centros dependentes da Consellería de Emprego e Igualdade fíxanse os servizos mínimos limitándose ao 50 % da xornada establecida na quenda de tarde, tendo en conta as seguintes xustificacións:

Nos centros de formación de emprego lévanse a cabo actividades formativas con alumnado que participa nos cursos todos os días en horario de mañá e permanece no centro unha media de 5 a 6 horas. En concreto, no Centro de Formación Ocupacional de Santiago hai na actualidade unha importante afluencia de persoas, pois asisten 70 persoas diariamente, polo que cómpre establecer servizos mínimos só neste centro.

Polo que respecta ás oficinas de emprego, tamén necesitan a prestación do servizo de limpeza coa suficiente frecuencia como para manter limpas as instalacións, tendo en conta que son oficinas de atención ao público diariamente de maneira presencial. Nestes centros o tránsito de persoas é continuo e, ademais, hai que ter en conta os trámites que se realizan nelas, tales como a orientación laboral, que requiren a permanencia dos/das usuarios/as no centro durante máis de 30 minutos, así como as demandas de emprego, ao que hai que sumar as persoas que acoden ao SEPE a facer trámites en relación coas prestacións por desemprego.

En canto ás oficinas do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), trátase tamén de espazos de alta concorrencia de persoas; á oficina da Coruña acode unha media de 160 persoas e á de Ferrol, unhas 50 persoas diariamente.

No eido da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, é preciso propor uns servizos mínimos que permitan manter a adecuada cobertura dos servizos esenciais que presta a Consellería de Sanidade, evitando que se produzan graves prexuízos para a saúde e permitindo cumprir coa normativa vixente.

Os servizos mínimos que se propoñen responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga co mantemento dunha serie de servizos á cidadanía que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos e que requiren garantir a saúde pública, e deberán ter en conta, especialmente, as especiais circunstancias que derivan da situación de emerxencia sanitaria en que nos atopamos como consecuencia da pandemia provocada polo coronavirus SARS-CoV-2 que causa a COVID-19.

Pois ben, os servizos mínimos nesta xefatura que se deben fixar para esta convocatoria de folga deben garantir o cumprimento efectivo das medidas preventivas fixadas polos diferentes instrumentos regulatorios aprobados polas autoridades, pois con iso non só se protexe a saúde dos/das usuarios/as dos servizos públicos, senón toda a poboación en xeral, como medidas para evitar a propagación da pandemia.

Neste contexto, e de maneira máis concreta, nos lugares de afluencia de público do edificio, ademais das medidas de hixiene individual, resultan imprescindibles o mantemento da limpeza e desinfección e a ventilación dos servizos e de todas as zonas comúns, aplicando os protocolos de limpeza fronte á COVID.

Como consecuencia, é fundamental a prestación do servizo de limpeza que permita garantir a salubridade e as condicións de hixiene mínimas, coa limpeza de baños e retirada de lixo da Xefatura, xa que é un lugar de afluencia de público onde acoden regularmente persoas enfermas ou vulnerables.

No edificio da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade traballan tres persoas limpadoras afectadas por esta convocatoria de folga: unha con xornada diaria de 4 h, outra con xornada diaria de 5 h 30 minutos e a terceira con xornada diaria de 5 h.

Os servizos mínimos estarán compostos por dúas persoas, que representan o 66,6 % do persoal destinado na unidade e que deberán cubrir 9 h 30 minutos de xornada diarias, o que supón un 65,5 % das horas de xornada deste persoal. Desenvolverán os servizos en quenda de tarde, tal e como se prestan na actualidade.

Polo que se refire aos centros dependentes da Consellería de Política Social, cómpre ter presente que o servizo público de asistencia social non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

A paralización dos servizos de limpeza pode provocar nos centros e unidades afectados graves problemas de salubridade, con consecuencias imprevisibles se non se mantén o mínimo de actividade que garanta a prestación dos servizos públicos nos ditos centros e unidades, polo que se establecen os servizos esenciais para a comunidade ao abeiro do Decreto 155/1988, do 9 de xuño.

Se as que acabamos de dicir son razóns que sosteñen a necesidade de fixar servizos mínimos ante calquera convocatoria de folga no ámbito dos centros e unidades da Consellería de Política Social, neste caso atopámonos ante unhas circunstancias extraordinarias e graves que obrigan a afastarnos dos servizos mínimos fixados en anteriores convocatorias de folga. Referímonos á situación de emerxencia sanitaria en que nos atopamos como consecuencia da pandemia internacional provocada polo coronavirus SARS-CoV-2 que causa a COVID-19.

Por maior abastanza, resulta necesario ter en conta que as persoas que viven nunha residencia de maiores e centros sociosanitarios se encontran nunha situación de maior vulnerabilidade ante a infección pola COVID-19 por varios motivos:

• Habitualmente presentan patoloxía de base (sobre todo cardiovascular e respiratoria) ou comorbilidades.

• Adoitan ser persoas de idade avanzada.

• Teñen contacto estreito con outras persoas (persoal coidador e conviventes).

• Adoitan pasar moito tempo en contornas pechadas e con poboación igualmente vulnerable.

• Ademais, trátase dun colectivo en que a sintomatoloxía da enfermidade pode quedar enmascarada.

Dentro das medidas de control e prevención en relación coa infección polo virus SARS-CoV-2, a autoridade sanitaria establece a intensificación da limpeza e desinfección dos centros, indicando que se establecerán programas intensificados de limpeza.

Nas actividades grupais que se realizan nos centros sociocomunitarios e espazos para a mocidade deberanse extremar as medidas de hixiene e prevención, tanto por parte das persoas usuarias como dos/das traballadores/as dos centros, de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias en cada momento. Os utensilios e o mobiliario utilizados nestas actividades, ou nos espazos de encontro, requirirán dunha correcta limpeza dos espazos empregados, previamente ao uso por parte doutro/a usuario/a.

Todo o persoal cuxa presenza se cuantifica como esencial para o mantemento dos servizos mínimos é absolutamente necesario e indispensable, xa que a limpeza constitúe unha das exixencias máis relevantes na loita contra a pandemia, polo que se fai necesario un reforzo dela.

Polo que respecta aos centros dependentes da Consellería do Medio Rural, no caso das oficinas agrarias comarcais e distritos forestais da Xefatura Territorial de Coruña, fíxanse os servizos mínimos no 100 % de efectivos, debido á atención ao público que diariamente se fai en todas as dependencias e ao protocolo COVID, que levou a que na maioría dos centros se tivo que reforzar a limpeza con máis horas, o que resulta indispensable na situación de pandemia actual.

No tocante ao Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, dado que a folga non implica a ausencia de alumnado nas aulas e no internado, non resulta posible prescindir do servizo de limpeza, máis aínda en tempos da COVID, en que os protocolos de limpeza se ven reforzados.

Respecto do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, Lafiga (Agacal), a actividade dun laboratorio fitopatolóxico xera residuos orgánicos que precisan dunha retirada ordenada e frecuente para evitar problemas ambientais e, eventualmente, de saúde.

En relación coa Consellería do Mar, tendo en conta a actual situación sanitaria, os centros afectados pola folga dependentes da Xefatura Territorial onde se concentra persoal traballando de maneira presencial e hai atención ao público, e mesmo usuarios/as como alumnos/as (escolas oficiais náutico-pesqueiras), precisan de tarefas de limpeza e desinfección diarias.

Estes centros son a Xefatura Territorial da Coruña, a Xefatura Comarcal de Ribeira, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, en que se fixan servizos mínimos.

En canto ao ente público Portos de Galicia, fíxanse servizos mínimos nos centros deste ente afectados pola folga onde hai traballo presencial xa que, polas razóns sanitarias expostas anteriormente, precisan os servizos de limpeza a diario. Son as dependencias do ente nos servizos centrais (Santiago de Compostela) e as da Zona Centro (A Coruña).

En consecuencia, de acordo coa normativa citada e cos argumentos expostos, en virtude das facultades que me confire o artigo 1 do Decreto 233/2012, do 5 de decembro, polo que se determinan a organización, funcións e competencias da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e oído o Comité de Folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

1. A convocatoria de folga efectuada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), a Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.), que terá lugar desde as 00.00 horas do día 22 de abril do 2021 ás 24.00 horas do mesmo día e das 00.00 horas do día 11 de maio ás 24.00 do día 12 de maio do 2021, que se cingue á totalidade das empresas afectadas polo ámbito de aplicación do Convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña, e quedan só excluídas as empresas de limpeza de edificios e locais que conten cun convenio propio de empresa ou centro de traballo.

2. Terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan no anexo a esta orde.

Artigo 2

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación suficiente. A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada polos empregadores e notificada ao persoal designado.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Turismo

ANEXO

– Servizos mínimos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Xulgados de Santiago de Compostela (rúa Viena)

7

4

Limpador/a

2 mañá

2 tarde

Xulgado novo de Santiago de Compostela (rúa Berlin)

4

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Audiencia Provincial (anexo e Capitán Juan Varela)

6

4

Limpador/a

2 mañá

2 tarde

Tribunal Superior de Xustiza

3

3

Limpador/a

2 mañá

1 tarde

Fábrica de Tabacos

10

5

Limpador/a

2 mañá

3 tarde

Edificios xudiciais (rúa Monforte)

4

3

Limpador/a

2 mañá

1 tarde

Rexistro Civil da Coruña

1

1

Limpador/a

1 tarde

Xulgados de Ferrol

8

4

Limpador/a

1 mañá

3 tarde

Xulgado de Ordes

2

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Xulgados de Ortigueira

3

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Xulgado de Padrón

2

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Xulgado de Betanzos

3

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Xulgado de Carballo

3

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Xulgado de Ortigueira

3

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Xulgado de Ribeira

3

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Xulgado de Negreira

2

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Xulgado Arzúa

2

2

Limpador/a

1 mañá

1 tarde

Oficina de Turismo da Coruña

(rúa Celedonio de Uribe, 2, 15003 A Coruña)

1

1

Limpador/a

1 tarde

– Servizos mínimos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Parque Natural Fragas do Eume

1

100 %

Limpador/a

Mañá

Parque Natural de Corrubedo

1

100 %

Limpador/a

Mañá

Centro de recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz

1

100 %

Limpador/a

Mañá

– Servizos mínimos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

• Centros educativos non universitarios de titularidade pública ou privada afectados pola folga convocada no sector da limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña: 100 % do persoal que presta estes servizos.

• Centros educativos universitarios afectados pola folga convocada no sector da limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña, campus da Coruña e Ferrol:

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

1010-Edificio da Reitoría: rúa da Maestranza, 9, 15001 A Coruña

2

2 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

Tarde

1015-Aula Náutica: rúa Dique Barrié de la Maza, s/n, 15001 A Coruña

1

1 limpador/a
1 hora/día

Limpador/a

Tarde

2020-Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA): rúa Campus da Zapateira, 15071 A Coruña

3

3 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá;
dúas de tarde

2021-Edificio de departamentos da ETSA: rúa da Fraga, 8, 15008 A Coruña

1

1 limpador/a
5 horas

Limpador/a

Mañá

2025-Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT): rúa da Fraga, 27, 15008 A Coruña

2

2 limpadores/as a xornada completa;

1 limpador/a 3 horas

Limpador/a

2 de mañá;
1 de tarde

2010-Facultade de Ciencias: Campus da Zapateira, 15071 A Coruña

3

3 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá;
2 de tarde

2015-Facultade de Filoloxía/edificio de departamentos: Campus da Zapateira, 15071 A Coruña

3

3 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá;
2 de tarde

2035-Sala multiúsos da Zapateira/dependencias deportivas e a radio

1

1 limpador/a
1 hora/día

Limpador/a

1 de tarde

3010-Facultade de Dereito, Campus de Elviña, 15071 A Coruña

2

2 limpadores/as a xornada completa; 1 limpador/a 3 horas

Limpador/a

2 de mañá;
1 de tarde

3025-Edificio da Facultade de Socioloxía e Facultade de Ciencias da Comunicación: Campus de Elviña, 15071 A Coruña

2

2 limpadores/as a xornada completa; 1 limpador/a 5 horas

Limpador/a

2 de mañá;
1 de tarde

3035-Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos: Campus de Elviña, 15071 A Coruña

3

3 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

2 de mañá;
1 de tarde

CITEEC

1

1 limpador/a 5 horas

Limpador/a

1 de mañá

3055-Pavillón polideportivo. 3060-Pistas de atletismo/Estadio universitario: Campus de Elviña, 15071 A Coruña

2

2 limpadores/as 6 horas

Limpador/a

1 de mañá,
1 de tarde

3079-Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA): Campus de Elviña, 15071 A Coruña

2

2 limpadores/as 6 horas

Limpador/a

2 de mañá

3030-Facultade de Economía e Empresa: Campus de Elviña, 15071 A Coruña

3

3 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá;
2 de tarde

3070-Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI): Campus de Elviña, 15071 A Coruña

2

2 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá;
1 de tarde

7010-Escola Universitaria Politécnica (Ferrol): avda. 19 de febrero, s/n, 15405 Ferrol

3

3 limpadores/as 5 horas

Limpador/a

Mañá

6015-Escola Politécnica Superior: rúa Mendizábal, s/n, 15403 Ferrol

3

3 limpadores/as 4 horas

Limpador/a

1 de mañá e 2 de tarde

6045-Talleres Tecnolóxicos de Enxeñaría: rúa Mendizábal, s/n, 15403 Ferrol

1

1 limpador/a 4 horas

Limpador/a

1 de mañá

6035-Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) e ampliación: Campus de Esteiro, 15403 Ferrol

1

1 limpador/a 5 horas

Limpador/a

1 de mañá

6020-Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía: Campus de Esteiro, 15403 Ferrol

1

1 limpador/a 6 horas; 1 limpador/a 4 horas

Limpador/a

1 de mañá;
1 de tarde

Dependencias da Clínica Podolóxica e do posgrao en Intervención Familiar no Hospital Naval de Ferrol

2

2 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá;
1 de tarde

6030-Escola Universitaria de Deseño Industrial: Campus de Esteiro, 15403 Ferrol

1

1 limpador/a a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá

Residencia Universitaria (UDC)

1

1 limpador/a 4 horas

Limpador/a

1 de mañá

Facultade de Informática

2

2 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá;
1 de tarde

Edificio Área Científica

1

1 limpador/a a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá

Facultade de Cc. da Educación

1

1 limpador/a a xornada completa; 2 limpadores/as 4 horas/un

Limpador/a

Mañá

Pavillón de Estudantes e complemento (2 h/mes)

1

1 limpador/a 4 horas

Limpador/a

Tarde

Casa do Lagar

1

1 limpador/a 1 hora

Limpador/a

Mañá

CITIC e ampliación CITIC

2

2 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá;
1 de tarde

Xoana Capdevielle

2

1 limpador/a a xornada completa; 1 limpador/a 4 horas

Limpador/a

1 de mañá;
1 de tarde

E.T.S. de Náutica e Máquinas

2

2 limpadores/as a xornada completa

Limpador/a

1 de mañá;
1 de tarde

Edificio Normal e Pavillón de Deportes

2

1 limpador/a a xornada completa; 1 limpador 4 horas

Limpador/a

1 de mañá;
1 de tarde

Centro Universitario de Riazor (CUR)

2

2 limpadores/as 5 horas

Limpador/a

2 de tarde

Pazo de Lóngora

1

1 limpador/a 3 horas

Limpador/a

1 de mañá

Limp. lote 8-Fisioterapia

3

1

1

Mañá

1

2

Tarde

Limp. lote 8-Terapia Ocupacional

1

0,75

1

Mañá

Limp. lote 8-Pavillón Modernista

1

0,75

1

Mañá

Limp. lote 8-Fortín

1

0,75

1

Mañá

Limp. lote 11-Apoio ao Estudo

3

2

3

Mañá

Limp. lote 11-Vicerreitoría/ Edif. de Usos Administrativos

2

1

2

Mañá

Limp. lote 11-Casa do Patín

2

1

2

Mañá

Limp. lote 11-Humanidades

3

2

3

Mañá

Limp. lote 11-Salón de Actos

2

1

2

Mañá

Limp. lote 11-Ciencias do Traballo

3

2

3

Mañá

Limp. lote 11-Centro Cultural

1

0,75

1

Mañá

Residencia Universitaria de Ferrol

1

0,75

1

Mañá

Campus de Oza: reforzo COVID-19

1

1

1

Mañá

Campus de Ferrol: reforzo COVID-19

1

1

1

Mañá

INEF Bastiagueiro

108

8

Limpador/a

Mañá

INEF Bastiagueiro

40

8

Limpador/a

Tarde

• Centros dependentes da Área de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Biblioteca Pública Miguel González Garcés

6

100 %

Limpador/a

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

5

100 %

Limpador/a

Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)

2

100 %

Limpador/a

Museo das Peregrinacións e de Santiago

3

100 %

Limpador/a

Museo de Belas Artes da Coruña

4

100 %

Limpador/a

Fundación Cidade da Cultura

20

100 %

Limpador/a

Departamento de Produción Teatral (Salón Teatro)

2

100 %

Limpador/a

Departamente de Produción Coreográfica (A Coruña)

1

100 %

Limpador/a

Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña)

1

100 %

Limpador/a

Fundación Camilo José Cela

2

100 %

Limpador/a

– Servizos mínimos da Consellería de Emprego e Igualdade.

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Centro de Formación Profesional Ocupacional de Santiago

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego de Santiago Centro

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego de Santiago Norte

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego da Coruña Centro

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego da Coruña-Monelos

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego da Coruña-Tornos

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego de Betanzos

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego de Boiro

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego de Carballo

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego de Cee

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego de Melide

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

Oficina de Emprego de Noia

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

SMAC A Coruña

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

SMAC Ferrol

1

1

Limpador/a

Tarde (50 % da xornada establecida)

– Servizos mínimos da Consellería de Sanidade.

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña

3

2

Limpador/a

Tarde

– Servizos mínimos da Consellería de Política Social.

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Residencia de Maiores Porta do Camiño

1

1

Limpador/a

Mañá

Residencia de Maiores Porta do Camiño

1

1

Limpador/a

Tarde

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro

1

1

Limpador/a

Mañá

Residencia Asistida de Maiores Volta do Castro

1

1

Limpador/a

Tarde

Residencia de Maiores de Ferrol

1

1

Limpador/a

Mañá

Residencia de Maiores de Ferrol

1

1

Limpador/a

Tarde

Residencia de Maiores Torrente Ballester

1

1

Limpador/a

Mañá

Residencia de Maiores Torrente Ballester

1

1

Limpador/a

Tarde

Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

6

2

Limpador/a

Mañá

Residencia Asistida de Maiores de Oleiros

2

1

Limpador/a

Tarde

Centro Sociocomunitario de Mera

1

1

Limpador/a

1,5 horas mañá

Centro Sociocomunitario de Ferrol

1

1

Limpador/a

3,5 horas mañá, 1,5 horas tarde

Centro Sociocomunitario das Pontes

1

1

Limpador/a

3 horas mañá, 1,25 horas tarde

Centro Sociocomunitario de Fene

1

1

Limpador/a

4 horas tarde

Centro Sociocomunitario de Santa Comba

1

1

Limpador/a

3 horas tarde

Centro Sociocomunitario de Corcubión

1

1

Limpador/a

3 horas mañá

Centro Sociocomunitario de Muros

1

1

Limpador/a

3 horas tarde

Espazo Xove de Carballo

1

1

Limpador/a

3,5 horas mañá

Espazo Xove de Pontedeume

1

1

Limpador/a

2 horas mañá

Espazo Xove de Betanzos

1

1

Limpador/a

2 horas mañá

Espazo Xove de Curtis

1

1

Limpador/a

4 horas mañá

– Servizos mínimos da Consellería de Medio Rural.

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia Lafiga (Agacal)

4

50 %

Limpador/a

Mañá-tarde

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (Agacal)

4

100 %

Limpador/a

Mañá-tarde

Oficinas agrarias comarcais (OAC)

1/OAC

100  %

Limpador/a

Luns-venres

Distritos forestais

1/distrito

100  %

Limpador/a

Luns-venres

– Consellería do Mar.

• Centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña.

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar

1

1

Limpador/a

Tarde

Xefatura Comarcal de Ribeira

1

1

Limpador/a

Tarde

EONP de Ribeira

2 persoas 5 h/día

1

Limpador/a

Mañá

EONP de Ferrol

1 persoa 8 h e
1 persoa 4 h

1 persoa 8 horas

Limpador/a

• Portos de Galicia.

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

SS.CC. Área Central Pg. das Fontiñas, praza de Europa 5A, 6º Santiago de Compostela

1

1

Limpador/a (5 horas diarias)

Tarde

Zona centro: avda. Porto da Coruña, 5, 1º A, A Coruña

1

1

Limpador/a (2 horas diarias)

Tarde