Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 20202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (procedemento abreviado 429/2020).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 429/2020 (procedemento abreviado) de Juan Carlos Amado Neira contra a desestimación do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 21 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 152, do 30 de xullo).

Categoría: enfermeiro/a.

Acceso: libre.

Ámbito: distrito sanitario de Santiago de Compostela.

Epígrafe: experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos