Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 20 de abril de 2021 Páx. 20201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de marzo de 2021, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Concello de Pontecesures de concesión administrativa de ocupación dun edificio para o desenvolvemento de actividades de deportes náuticos no dominio público portuario de Pontecesures (expediente 13-01-21-B1).

Juan Manuel Vidal Seage, en nome e representación do Concello de Pontecesures, solicita a concesión administrativa para a ocupación dun edificio para o desenvolvemento de actividades de deportes náuticos no dominio público portuario de Pontecesures, segundo o proxecto titulado Básico e de execución de ampliación do Club Náutico de Pontecesures, redactado por Santos y Mera Arquitectos, S.L.P. en novembro de 2020.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e as entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 16 de marzo de 2021

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur
de Portos de Galicia