Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19832

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 210/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 210/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61 contra Trans Coruña, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

ETX. Execución de títulos xudiciais 210/2019

Procedemento de orixe: SS. Seguridade social 653/2016

Sobre seguridade social

Demandante: Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61

Avogado: Guillermo Amigo Estrada

Demandados: Trans Coruña, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogados/as: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021.

Transcorrido o prazo conferido á executada sen que lle conste a este órgano xudicial que se procedese ao cumprimento da obriga, cómpre realizar a comparecencia prevista no artigo 287.4 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS) e, consultada para ese efecto pola letrada da Administración de xustiza a axenda de sinalizacións deste órgano xudicial, sinálase o vindeiro día 11 de maio de 2021, ás 13.50 horas, para que teña lugar. As partes deberán comparecer na sala de audiencias nº 1 deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n, CP 15707, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, con todos os medios de proba de que tenten valerse.

Sirva de citación a notificación desta resolución ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, ante o/a letrado/a de a Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Trans Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este anuncio para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza