Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 19 de abril de 2021 Páx. 19823

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 287/2018 MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe de que neste xulgado se seguen autos número 287/2018 por instancia de José Ángel Ares Vidal contra Trabajos Verticales 2016, S.L. e outros sobre PO, en que recaeu Sentenza con data do 17 de marzo de 2021 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda interposta por José Ángel Ares Vidal fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Fraternidad Muprespa e Trabajos Verticales 2016, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase o dereito de José Ángel Ares Vidal a que perciba unha prestación de incapacidade temporal por importe de 1.182,86 euros e condénase a empresa Trabajos Verticales 2016, S.L. ao seu aboamento con responsabilidade subsidiaria da mutua para o caso de incumprimento e do Instituto Nacional da Seguridade Social no caso de insolvencia da mutua.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Trabajos Verticales 2016, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza