Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19565

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2995/2020-ALV).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 2995/2020-ALV

Xulgado de orixe/autos: OAL p. oficio autoridade laboral 684/2019 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Pedro Miguel Coentro Teixeira

Avogado: Juan Adolfo Pérez Fernández

Recorridos: Inspección de Traballo e Seguridade Social, María José Pinto Stolte

Avogado: avogado do Estado

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza desta sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2995/2020 desta sección, seguidos por instancia de Pedro Miguel Coentro Teixeira contra a Inspección de Traballo e Seguridade Social, sobre outros dereitos laborais, se ditou Resolución con data do 17 de marzo de 2021, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Pedro Manuel Coentro Teixeira contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número dous de Ourense con data do 5 de febreiro de 2020, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto), co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano del.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a María José Pinto Stolte, en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza