Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes da ampliación do edificio CITIC da Universidade da Coruña (expediente 631/2021/12).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 10 de febreiro de 2021, acordou aprobar inicialmente o documento denominado «Estudo de detalle para ordenación de volumes do edificio Centro de Investigación Tecnolóxica da Información e das Comunicacións (CITIC), situado no Campus de Elviña. Decembro 2020», promovido pola Universidade da Coruña e redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos e Sara Prieto Hortas, números de colexiados do COAG 1440 e 4754, respectivamente.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, no punto información urbanística; na web de Urbanismo; e no visor «Desenvolvemento do Planeamento». Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou dirixirase ao registrourbanismo@coruna.es.

A Coruña, 23 de febreiro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo