Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 15 de abril de 2021 Páx. 19451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 14 de xaneiro de 2021 pola que se modifica e cambia de titularidade a autorización ambiental integrada 2006/0159_NAA/IPPC da planta de produción de leite e xestión de residuos. Titular: Tegestacin, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de produción de leite e xestión de residuos

Procedemento: modificación substancial e cambio de titularidade da autorización ambiental integrada

Titular: Tegestacin, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2006/0159_NAA/IPPC_127

Localización: concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Expediente: 2018-IPPC-M-129 e 2018-IPPC-M-136

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático