De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:
Instalación: fábrica de queixo |
Modificación substancial da autorización ambiental integrada |
Titular: Queserías Entrepinares, S.A.U. |
Expedientes: 2019-IPPC-M-166 e 2020-IPPC-M-94 |
Localización: concello de Vilalba (Lugo) |
Núm. rexistro AAI: 2010-IPPC-1012-253 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático