Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 26 de marzo de 2021 polo que se notifica a resolución de apercibimento previo á execución forzosa derivada do expediente P-UL-57.02/02.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 22 de xaneiro de 2021, resolución de apercibimento previo á execución forzosa no expediente P-UL-57.02/02, tramitado pola construción e ampliación dun pendenllo dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre e carecendo da perceptiva autorización, no lugar da Praia Mourisca, no concello de Bueu.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Sebastián Hermida Pazos e Modesto González Rodríguez, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lles notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística