Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de marzo de 2021 polo que se notifica a resolución de execución subsidiaria de orde de restitución da legalidade no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/109/2014.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 22 de marzo de 2021, ditou resolución de execución subsidiaria de orde de restitución da legalidade no expediente POL/109/2014-RP1, tramitado pola realización de obras, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar das Tomadas, praia de Rabáns, O Hío, no termo municipal de Cangas, provincia de Pontevedra.

As obras leváronse a cabo no predio con referencia catastral 36008A001000810000JX (parcela 81 do polígono 1).

Disponse a execución forzosa, mediante a execución subsidiaria pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción coa demolición da edificación residencial, da terraza-ceador con pérgola e do muro de contención situados na parcela.

En cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase e notifícaselles aos posibles interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos posibles interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, ditada en execución de sentenza, non cabe ningún recurso.

Para que conste e lles sirva de notificación aos posibles interesados, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística