Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto de modificación substancial do parque eólico Acibal, situado nos concellos de Barro, Moraña e Campo Lameiro, da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2010/6-4).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Norvento, S.L.U.

Denominación do proxecto: modificación substancial do parque eólico Acibal.

Concellos afectados: Barro, Moraña e Campo Lameiro (Pontevedra).

Potencia para instalar: 12 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.

Produción neta anual estimada: 43.975 Mwh/ano.

Orzamento total (execución material): 9.421.337,75 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

534.178,00

4.709.784,00

2

531.376,00

4.709.784,00

3

531.376,00

4.705.786,00

4

534.211,00

4.705.786,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

532.810,87

4.708.121,06

Moraña

2

532.461,87

4.708.631,07

Moraña

3

532.965,87

4.707.833,06

Moraña

4

532.599,87

4.708.306,06

Moraña

Coordenadas da subestación:

Subestación

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

SUB

532.434,41

4.708.265,97

Moraña

Coordenadas da antena meteorolóxica:

Antena

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

TM_AC2

533.262,87

4.707.645,06

Moraña

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 4 aeroxeradores de ata 4.000 kW, de ata 119 m de altura de buxa, ata 155 m de diámetro de rotor e ata 175 m de punta de pa.

– 4 centros de transformación de ata 5.500 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 20/0,69 kV, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador.

– Rede de media tensión soterrada para evacuación de enerxía a 20 kV, de intercoñexión entre os centros de transformación 0,69/20 kV e a subestación transformadora 20/66 kV.

– Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación da enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador principal 20/66 kV de 9/12 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servizos auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– 1 torre anemométrica autoportante de ata 119 m de altura equipada con anemómetros, cataventos, medidor de temperatura, medidor de presión e logger rexistrador.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a relación de bens e dereitos afectados, que figura no anexo que se insire a esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello de Barro (rúa San Antoniño 11, Perdecanai, 36194 Barro), do concello de Moraña (rúa nº 2, 2, 36660 Moraña, Pontevedra) ou do Concello de Campo Lameiro (praza da Provincia de Pontevedra, 1, 36110 Campo Lameiro, Pontevedra).

Pontevedra, 11 de marzo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de par.

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Nome

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Outras

afeccións

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Zap./plat.

Sub.

Vía/vía-gabia

Oc. temp.

Concello de Moraña

1

MVMC de Acibal de Rebón

36032A045011770000IL

45

1177

Cardes

Matogueira

16.501

3.805

62.030

58.214

13.419

36032A045011920000II

45

1192

Cardes

Matogueira

36032A045011930000IJ

45

1193

Monte Acibal

Matogueira

2

MVMC de Amil

36032A045011920000II

45

1192

Cardes

Matogueira

6.480

338

36032A045011930000IJ

45

1193

Monte Acibal

Matogueira

Concello de Barro

3

MVMC de Perdecanai

36002A002006100000HW

2

610

Aurosa

Monte alto

10.216

1.240

36002A002008240000HJ

2

824

Campo Espiño

Monte alto

36002A092000070000HE

92

7

Campo da Eira

Monte alto

36002A092000450000HU

92

45

Campo da Eira

Monte alto

Concello de Campo Lameiro

4

MVMC de Fragas

36007A030006990000DZ

30

699

Mullerboa

Improdutivo

384

10.478

36007A030006980000DS

30

698

Mullerboa

Monte alto