Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Empresarial de Festivais de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que, na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Empresarial de Festivais de Galicia.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: a asociación integrará a todos os empresarios tanto a título individual como ás sociedades e outras persoas xurídicas que teñan o domicilio social e fiscal no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e cuxa actividade profesional sexa a de organizador de festivais profesionais de música, coa condición de que reúnan os requisitos, e a demostren no ano natural anterior á solicitude.

Asinante: Juan Luis Piñeiro Quintáns.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais