Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 31 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a revisión da autorización ambiental integrada para a fábrica de conservas de atún de Bodión, Boiro (expediente 2020-IPPC-M-35).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia quedará exposto o documento titulado:

«Documento de revisión de la AAI. Fábrica de conservas de atún. Concello de Boiro (A Coruña)».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-35.

Peticionario: Conservas Rianxeira, S.A.U.

CIF: A15022221.

Enderezo social: Bodión, s/n, 15.930 Boiro (A Coruña).

Localización da instalación: Bodión, s/n, 15930 Boiro (A Coruña).

Actividade: fábrica de conservas de atún.

Descrición:

A empresa dedícase á fabricación de conservas de atún, de produtos non precociñados, de comida para mascotas e de envases para produto terminado, e ocupa unha superficie aproximada de 65.841 m2, próxima ao mar, co cal limitan polo oeste.

A empresa recibe enerxía e vapor de Boiro Energía, S.A., instalación de coxeración anexa.

O día 4.12.2019 publícase a Decisión de execución (UE) 2019/2031 da Comisión, do 12 de novembro de 2019, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) nas industrias de alimentación, bebida e leite, de conformidade coa Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, polo que a empresa presenta o proxecto para a adaptación da instalación ás obrigas establecidas.