Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de xestión da biomasa vexetal no lugar de Pedrouzos, San Pedro (expediente 8174/2020).

Ao non ser posible efectuarlles a notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar, mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e á retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

8174/2020

27067A037010270000XH

Pedrouzos, San Pedro, Viveiro (Lugo)

En investigación

27067A037010280000XW

33997888R

27067A037010630000XW

76530488N

27067A037014360000XJ

Fernández Fernández Emilio (NIF descoñecido)

Viveiro, 2 de marzo de 2021

María Loureiro García
Alcaldesa