Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 1959/2019 e catro máis).

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 36/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa segundo o establecido no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas ás cales se refire esta lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Referencia catastral

Expediente

Titular

36049A032000390000KJ

250/2020

Cabaleiro Romero, Pilar

36049A032001300000KO

250/2020

Cabaleiro Romero, Pilar

36049A032001600000KF

250/2020

Martínez Castiñeira, Francisco

36049A011002760000KW

1959/2019

Hros. de Juan F. Fernández Carballido

36049A019015220000KK

2312/2020

Estévez Caballero, Ramón

36049A018003380000KG

2313/2020

Morais Fernández, Josefa

36049A018003390000KQ

2313/2020

Descoñecido

36049A018003400000KY

2313/2020

González López, Susana

36049A018004490000KX

2313/2020

Barros Martínez, José

36049A023002170000KZ

2396/2020

Convicasa Promociones, S.L.U.

Salceda de Caselas, 26 de marzo de 2021

María Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa