Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da planta recuperadora de disolventes usados que Recuperadora Gallega de Disolventes, S.L. (Regadi) posúe no concello do Porriño (expediente 2020-IPPC-M-17).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– «Informe técnico. Evaluación de la adaptación de las instalaciones de Regadi (AAI nº 2003/0276_AEA/IPPC_011) a la decisión de ejecución (UE) 2018/1147».

Para que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, os documentos estarán ao dispor dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ((http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-17.

Peticionario: Recuperadora Galega de Disolventes, S.L. (Regadi).

CIF: B-36354462.

Domicilio social: lugar carretera de Salceda, km 0,7, 36418 O Porriño.

Localización da instalación: PO-510, carretera Porriño-Salceda de Caselas nº 23 (p.k. 0,7- Atios), 36418 O Porriño.

Actividade: planta de recuperación de disolventes orgánicos non clorados a partir de residuos de pintura, englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 5.1.e).

Descrición das instalacións: a planta consta dunha única edificación para a actividade industrial que se constrúe no seo dun cubeto, dividido en catro partes diferenciadas que constitúen outros cubetos dentro do primeiro: cubeto 1 (7 tanques de almacenamento de residuos), cubeto 2 (9 tanques onde se almacena o produto tratado), cubeto exterior (zona de tratamento con 5 depósitos, unha torre de tratamento de volátiles e depósitos móbiles de nitróxeno) e almacén de recipientes móbiles.

Vertidos:

• As augas residuais fecais procedentes de aseos e vestiarios diríxense aos colectores municipais.

• As augas residuais pluviais limpas procedentes de cubertas envíanse directamente á rede de pluviais do polígono.

• As aguas residuais pluviais e procedentes de limpezas/verteduras accidentais, chamadas augas de patios, procedentes de zonas industriais son tratadas nas instalacións antes de vertelas á rede de saneamento municipal. Estas augas, proceden tanto da parcela de Regadi como da de Drovi, tendo asumido formalmente, a primeira destas empresas, a través da autorización ambiental integrada, a responsabilidade sobre a vertedura.