Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2021 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional para o persoal laboral realizadas fóra de prazo durante os meses de xaneiro e febreiro de 2021, e se realiza a súa notificación.

Na actualidade o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non foi aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 28 de marzo de 2019 publicouse o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo).

O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de 4 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo, sen que se realizase ningunha outra convocatoria para o recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución presentadas no ano 2021 para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional, por estaren presentadas fóra do prazo establecido, e realizar á súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos

Nome

Data da solicitude

***2514**

Pallas Figueira

Luz

13.1.2021

***0616**

Pérez Pazos

Pilar

13.1.2021

***6679**

Lagoa González

Alberto

25.1.2021

***2975**

Maseda Sabucedo

Eladio

25.1.2021

***2764**

Costa López

Isabel

28.1.2021

***2126**

Rey Aragundi

Ernesto

28.1.2021

***0909**

Beazcua Castro

Noemí

29.1.2021

***4151**

Diéguez Novo

Mª Matilde

29.1.2021

***7593**

González Álvarez

Cristina

29.1.2021

***8223**

González Sande

Bibiana

29.1.2021

***5214**

Corral Regueiro

María Dolores

1.2.2021

***2795**

Balseiro Rodríguez

Manuel

2.2.2021

***7394**

Cancelo Márquez

Lucía

5.2.2021

***4388**

Cao Oro

María Isabel

5.2.2021

***4039**

Carballas Dorrego

Carlos

5.2.2021

***4996**

Lobato Rey

María Dolores

5.2.2021

***4649**

Montero Blanco

María Jesús

5.2.2021

***8538**

Outes Regueiro

Patricia

5.2.2021

***3406**

Perille Gaite

Mª de la Purificación

5.2.2021

***9367**

Vieites Agrafojo

Gerardo

5.2.2021

***3307**

Iglesias Domínguez

Francisco J.

10.2.2021

***0507**

Tojo Vazquez

Lucía

10.2.2021

***1650**

Rolán Martínez

Casilda

11.2.2021

***1546**

Abraira Castro

Blanca

17.2.2021

***2118**

Aira Enríquez

Fernando

17.2.2021

***6963**

Barros Gutiérrez

Marta

17.2.2021

***5038**

García Bermúdez

María

17.2.2021

***9151**

González Ruibal

José Antonio

17.2.2021

***5264**

Jusdado Del Valle

José

17.2.2021

***2881**

Milleiro Sánchez

María del Mar

17.2.2021

***6201**

Rodríguez Merino

Jorge

17.2.2021

***2116**

Castosa Martínez

Abel Ángel

24.2.2021