Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2021 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional para o persoal funcionario realizadas fóra de prazo durante os meses de xaneiro e febreiro de 2021, e se realiza a súa notificación.

Na actualidade o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4.5.2015), non foi aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28.1.2020). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 28 de marzo de 2019 publicouse o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29.3.2019).

O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de 4 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo, sen que se realizase ningunha outra convocatoria para o recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución, presentadas no ano 2021 para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional, por estar presentadas fóra do prazo establecido, e realizar a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos

Nome

Data da solicitude

***9515**

Marín Gómez

Carlos

10.1.2021

***8170**

Aldeanueva Potel

José Eduardo

17.2.2021

***1851**

Álvarez Chamosa

José Antonio

17.2.2021

***1205**

Alvite Muinelo

Rosa María

17.2.2021

***3365**

Blanco Pérez

Aida Elisabet

17.2.2021

***5409**

Calleja Marcos

David

17.2.2021

***9074**

Calo Grille

Aparición

17.2.2021

***7377**

Carballo Llovo

Bárbara

17.2.2021

***9311**

Carregal Fidalgo

José

17.2.2021

***5741**

Casal Arantes

Lino Antonio

17.2.2021

***1368**

Cerviño Varela

Juan José

17.2.2021

***2249**

Cruz López

José Manuel

17.2.2021

***8682**

Dios Moreno

Ana María

17.2.2021

***2112**

Do Pazo Oubiña

María Fernanda

17.2.2021

***2026**

Fernández Ruiz

María del Pilar

17.2.2021

***0685**

González Carballo

José Manuel

17.2.2021

***4428**

Iglesias Pedreira

Felipe

17.2.2021

***8223**

Insua Louro

Juan José

17.2.2021

***2667**

Jorge-Echeverry Díaz

Patricia Sabela

17.2.2021

***9492**

Magaña Suárez

María Teresa

17.2.2021

***7561**

Míguez Montero

Beatriz

17.2.2021

***6337**

Montero Rodríguez

Ana María

17.2.2021

***0605**

Neira Castro

María Carmen

17.2.2021

***9511**

Núñez Desire

Luis Francisco

17.2.2021

***0296**

Pérez Estévez

Luis Alberto

17.2.2021

***9646**

Quintáns Riveiro

María Loreto

17.2.2021

***6154**

Ramírez Garrido

Rosa María

17.2.2021

***2029**

Vázquez Dorrego

Carlos Alberto

17.2.2021

***5782**

Villanueva López

Jesús

17.2.2021

***0492**

Torres Estévez

Marcos Antonio

23.2.2021

***7908**

Rodríguez Blanco

Abel

25.2.2021