Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación do inicio dun trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar realizaranse por medio dun anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro do acto que se notifica.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19 para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 15 de marzo de 2021

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 13.4.2016)
Iván Rodríguez Jiménez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Monte veciñal non clasificado, lugar Carracedo-Milmanda (Celanova-Ourense)

Trámite de audiencia

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)