Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Dornelas, no concello de Mos.

Unha vez emitido informe favorable sobre a proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Dornelas, Concello de Mos, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte, o lugar de: Local social de San Franco, estrada Puxeiros-Mos, número 49, Dornelas, 36417 Mos.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer, para presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade no seguinte enderezo: Asociación Forestal de Galicia, Centro Cultural de Xinzo, número 34, A Portela, Xinzo, 36891 Ponteareas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 15 de marzo de 2021

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra