Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18220

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 55/2021, do 25 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción denominado Itinerario peonil e ciclista na PO-551, treito A Moureira-Palmás, puntos quilométricos 29+450-30+900, de clave PO/16/268.06, no concello de Moaña.

Antecedentes:

Primeiro. O día 4 de abril de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 65) o Anuncio de 23 de marzo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción denominado itinerario peonil e ciclista na PO-551. Treito A Moureira-Palmás, puntos quilométricos 29+450-30+900, de clave PO/16/268.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes, alegacións e certificados presentados, o 8 de marzo de 2021 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción denominado itinerario peonil e ciclista na PO-551. Treito A Moureira-Palmás, puntos quilométricos 29+450-30+900, de clave PO/16/268.06.

O presente proxecto ten por obxecto a execución dunha senda mixta (peonil e ciclista) pola marxe dereita da estrada PO-551 entre os puntos quilométricos 29+450 e 30+900 no concello de Moaña, provincia de Pontevedra, completando un itinerario continuo mediante a conexión coa beirarrúa existente na marxe dereita a partir do punto final.

A súa sección será na súa maior parte de formigón coloreado, limitada exteriormente por un bordo de formigón que a diferencie do resto da plataforma e, naqueles casos onde o espazo dispoñible sexa suficiente, disporase tamén dunha franxa vexetal axardinada entre a senda e a calzada.

O largo do itinerario así definido é variable e será como mínimo de 1,5 metros, e o da zona axardinada, naquelas zonas onde se execute, será de 0,5 metros de largo.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de marzo de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único. Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción denominado itinerario peonil e ciclista na PO-551. Treito A Moureira-Palmás, puntos quilométricos 29+450-30+900, de clave PO/16/268.06.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de marzo de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade