Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Adolfo Campos Panadeiros para a explotación porcina industrial tipo mixto situada na Rocha, parroquia do Sisto, concello de Dozón (Pontevedra) (expediente 2019-IPPC-M-097).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

«Proxecto de revisión da modificación da AAI. Explotación industrial porcina tipo mixto situada na parroquia do Sisto-Concello de Dozón (Pontevedra)».

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-097.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0064_NAA/IPPC_066.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.c.

Titular: Adolfo Campos Panadeiros.

NIF: 35234918E.

Enderezo social: avda. Luis González Taboada, nº 5, 1º, Lalín (Pontevedra).

Localización da instalación: A Rocha, parroquia do Sisto, concello de Dozón (Pontevedra).

Actividade principal: explotación porcina industrial tipo mixto.

Descrición: a explotación porcina consta de 1.625 porcas nais, das cales 325 se explotan en ciclo pechado e as restantes 1.300 en ciclo mixto con leitóns ata 20 kg. Ademais, dispón de verróns para a inseminación das porcas. A instalación posúe un conxunto de fosas interiores e fosas exteriores cubertas que garanten o almacenamento do xurro producido en 6 meses.

Verteduras: as aguas xeradas na limpeza das naves e as augas sanitarias da explotación son recollidas e conducidas cara ao sistema de fosas de xurro e xestiónanse conxuntamente con este. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo, sen depuración previa.

Unha porcentaxe do xurro xerado será valorizada como fertilizante en parcelas de uso agrícola e outra porcentaxe será recollida por un xestor autorizado.