Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 7 de abril de 2021 Páx. 18149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES-2019-030 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación se entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 18 de marzo de 2021

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES-2019-030.

Interesada: Adina Mustafa.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: LU-RES-2019-033.

Interesado: Renato Ciprian Marín.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: LU-RES-2019-035.

Interesado: Dumitru Dan.

Interesada: Florina Matei.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: LU-RES-2019-043.

Interesado: Remus Vasile Matei.

Interesada: Mariana Florentina Matei.

Acto notificado: proposta de resolución.