Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 46/2020 deste xulgado do social se ditou con data do 9 de febreiro de 2021 sentenza, contra a cal se pode interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días.
E para que sirva de notificación en legal forma a Mounting Blog, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 10 de marzo de 2021