Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17847

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 18/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 18/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Avelino Montes Martínez contra Lucía Tejedo Muíña, Miguel Ángel Simón Cabello e Geconsa Espj, sobre ordinario, se ditou, con data do 9 de marzo de 2021, dilixencia de ordenación e auto en que se despacha execución, impugnables en reposición, e decreto impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Lucía Tejedo Muíña, Miguel Ángel Simón Cabello e Geconsa Espj, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza