Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17843

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 224/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 224/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Claudio de Lima e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión é a siguiente:

Decisión:

Estímase a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte a Claudio de Lima e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 115,44 euros en concepto de principal e recarga por mora.

Impóñense á parte demandada as custas do proceso, que incluirán honorarios de letrado ata o límite de 600 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que é firme.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Claudio de Lima, en ignorado paradero, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza