Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación Empresarial para la Discapacidad Intelectual y del Desarrollo de Galicia (Aedigal).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 10.3.2020 os estatutos da Asociación Empresarial para la Discapacidad Intelectual y del Desarrollo de Galicia (Aedigal) (https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: poderán pertencer á asociación como membros de pleno dereito as empresas, centros especiais de emprego, fundacións tutelares, centros de educación, organizacións e asociacións patronais provinciais vinculadas e integradas en Fademga Plena inclusión Galicia que teñan por obxecto contribuír a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa familia poidan desenvolver os seus proxectos de calidade de vida así como promover a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria.

Asinan a acta de constitución: María Rosa Ferreira Vila, Josefa Rodríguez Álvarez, Amelia Blanco Delgado, Julio César Cortiñas López, Inmaculada Rafael Ramos, Carmen Esther Taboada García, José Carlos Rivas Castro, Mª Teresa Galisteo de la Fuente, Julia del Barrio González, Aurelio Paredes Gil, Juan Manuel Victoria Meizoso, Nicanor Álvarez Álvarez, Juan Fontela Pérez, Silvino Oroza Cordido, Mª Inés Flores Lozano, Nuria Luque Arbones, Mercedes Varela Bolón, Ramiro Fernández Rey, José Reigosa García, Eladio Fernández Pérez.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais