De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021
Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
RA/IGVS/CMATV/2020/00355 |
María Teresa Blanco Serantes |
Resolución recurso alzada |
RA/DXCAA/CMATV/2019/00022 |
Ion Costin Iorga |
Resolución recurso alzada |
RA/IGVS/CMATV/2020/00189 |
Soraya Feijoó Montes |
Resolución recurso alzada |
RA/IGVS/CMATV/2020/00211 |
Comunidad Propietarios Pintor Colmeiro |
Resolución recurso alzada |
RA/IGVS/CMATV/2020/00346 |
José Mª Arnáiz de las Revillas Arroyo |
Resolución recurso alzada |