Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17576

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (473/2019).

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, letrada da Administración de xustiza e con destino no Xulgado Mixto número 3 dos de Ribeira e o seu partido, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo de desafiuzamento en precario, seguido ante este xulgado co número 473/2019, recaeu sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Ribeira, 21 de setembro de 2020.

Vistos por Ramón Méndez Tojo, maxistrado xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 dos de Ribeira e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento por precario número 473/2019, promovidos por instancia de Majoro Reo II Spain, S.L., representada pola procuradora Begoña Caamaño Castiñeira e asistida pola letrada María Gil Puerto, contra descoñecidos e ignorados ocupantes, versando estes autos sobre desafiuzamento de predio urbano, sito o dito predio na rúa Venecia, 28-30, ático E, Pobra do Caramiñal, ditouse, en nome do rei, a seguinte sentenza.

Decido:

Que estimando integramente a demanda formulada por Majoro Reo II Spain, S.L., representada pola procuradora Sra. Caamaño Castiñeira, contra descoñecidos e ignorados ocupantes, sobre desafiuzamento de predio urbano por precario, sito na rúa Venecia, 28-30, ático E, Pobra do Caramiñal, se declara que procede o desafiuzamento dos demandados do predio antes mencionado e se lles condena a deixar libre e expedito o dito inmoble, con apercibimento de lanzamento se non se leva a cabo voluntariamente e con expresa imposición de custas aos demandados.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso interpoñerase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, a pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

O preinserido coincide co seu orixinal, ao cal pola súa maior extensión me remito.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma aos ocupantes do número 28-30, ático E, da rúa Venecia da Pobra do Caramiñal, expido e asino o presente edicto.

Ribeira, 16 de outubro de 2020

A letrada xudicial