Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17570

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (145/2020).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC polo presente se notifica aos ignorados ocupantes da leira sita na rúa Río Mao, nº 33, 4º dereita, Ourense, con domicilio descoñecido, a Sentenza con data do 17 de novembro de 2020, cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: María Teresa Marcos Mariño

Lugar: Ourense

Data: 17 de novembro de 2020

Vistos por min, María Teresa Marcos Mariño, xuíza en substitución do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal número 145/2020 seguidos neste xulgado por instancia da entidade Buildingcenter, S.A.U. representada polo procurador dos tribunais Camilo Enríquez Naharro e asistida da letrada Mª Jesús Ferreiro Gómez, fronte aos ignorados ocupantes da leira sita na rúa Río Mao, nº 33, planta 4ª dereita, de Ourense, en situación procesual de rebeldía, sobre acción de desafiuzamento por precario.

Parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta polo procurador dos tribunais Camilo Enríquez Naharro, en nome e representación da entidade Buildingcenter, S.A.U., fronte aos ignorados ocupantes da vivenda sita na rúa Río Mao, nº 33, planta 4ª dereita de Ourense, declaro haber lugar ao desafiuzamento por precario, condenando aos demandados a desaloxar a devandita leira rexistral 13899 do Rexistro da Propiedade número 2 de Ourense, rexistrada baixo o tomo 1622, libro 377, folio 132, deixándoa libre e expedita ao dispor da actriz, baixo apercibimento de lanzamento en data que se sinalará en resolución á parte, unha vez firme a presente sentenza.

De conformidade co disposto no artigo 394 da LAC, as custas son de preceptiva imposición á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes interesadas, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde a notificación da mesma.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Ourense, 18 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza