Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17369

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da parcela D-02 (antigas D11, D12, D13, D14 e D17) do plan de sectorización do SRAU-I Outeda-Curro.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Barro, en sesión do 16 de marzo de 2021, o estudo de detalle redactado por instancia de Distribuciones Froiz, S.A.U., denominado estudo de detalle da parcela D-02 (antigas D11, D12, D13, D14 e D17) do Plan de sectorización SRAU-I Outeda-Curro, co obxecto de reaxustar as aliñacións da parcela.

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (enderezo https://http://barro.sedelectronica.gal).

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Barro, 24 de marzo de 2021

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde