Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17370

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación do estudo de detalle do ámbito dotacional remitido a ordenación especial OE-L2.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de febreiro de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudo de detalle do ámbito dotacional remitido a ordenación especial OE-L2, sito na 1ª Travesía da rúa Eusebio Bértoa Queijo da Laracha, na parcela 3385610NH3838N, clasificada polo PXOM como solo urbano consolidado, con destino a sistemas xerais de equipamentos asistenciais de carácter público.

O expediente sométese a información pública por prazo dun mes coa finalidade de que quen o desexe poida examinalo e deducir, durante o citado prazo, cantas alegacións ou observacións considere oportunas. A documentación está á disposición no Departamento de Urbanismo do Concello da Laracha, das 10.00 ás 14.00 horas, e na sede electrónica do Concello (https//sede.alaracha.gal).

A Laracha, 3 de marzo de 2021

José Manuel López Varela
Alcalde