A Resolución da Alcaldía nº 147/2021, de 11 de febreiro de 2021, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinaría, mediante o sistema de concurso-oposición.
A Resolución da Alcaldía nº 184/2021, do 18 de febreiro de 2021, aprobou unha corrección de erros das ditas bases.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no portal de transparencia deste concello.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 36, do 24 de febreiro de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
A praza ten as seguintes características:
Praza. Denominación |
Auxiliar de xardinaría |
Tipo persoal |
Persoal laboral fixo |
Unidade/área |
Parques e xardíns |
Corpo/escala |
Auxiliar |
Grupo/subgrupo |
C/C2 |
Sistema selectivo |
Concurso-oposición |
Sistema de acceso |
Libre |
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo (www.teo.gal).
Teo, 24 de febreiro de 2021
Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde