Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17372

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións dunha vía en Mosteirón e do texto do convenio urbanístico con que garda relación directa.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 4 de marzo de 2021, aprobou inicialmente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións dunha vía en Mosteirón (documento de outubro de 2020), formulado por Juan Rodríguez Couce e Antonia Fernández Sabio, coas seguintes condicións:

Os propietarios das parcelas están obrigados á conservación e ao mantemento das obras de urbanización da vía durante o prazo de cinco anos contados desde a recepción das obras polo concello.

En cumprimento do disposto nos artigos 80.2 e 168.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 401.3 do seu regulamento, o estudo de detalle aprobado inicialmente, incluído o texto íntegro do convenio negociado co que garda relación directa, sométese á información pública polo prazo dun mes, para que calquera persoa poida examinalos e presentar as alegacións, as suxestións e ou os documentos que consideren oportunos.

A documentación sometida á información pública poderá consultarse nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo (situadas na avenida do Porto 24), mediante cita previa das 9.00 ás 14.00 horas, ou na sede electrónica do Concello de Sada, no enderezo https://sede.sada.gal/.

Sada, 17 de marzo de 2021

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde