Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17304

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 412/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 412/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lidia Sánchez González contra Ader Recursos Humanos, empresa de traballo temporal, S.A., Frinsa del Noroeste, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo sinalados para o día 18 de marzo de 2021.

Arquívense as actuacións, unha vez que sexa firme a presente resolución.

Notifíquese a presente resolución, facéndolles saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa realización. Para os terceiros prexudicados o prazo contará desde que puidesen coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ader Recursos Humanos, ETT S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza