Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1006/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1006/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Celsa Sánchez Pardiñas contra o Fondo de Garantía Salarial, Celuisma, S.A. e Cityhouse Rías Altas, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza en cuxa resolución consta o seguinte:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Celsa Sánchez Pardiñas fronte ás empresas Celuisma, S.A. e Cityhouse Rías Altas, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Celuisma, S.A. a aboar á demandante a cantidade de cinco mil catrocentos sesenta e dous euros con cincuenta céntimos (5.462,50 euros) e os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Esta sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Celuisma, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza