Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de marzo de 2021 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 25 de setembro de 2018, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/173/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 5 de xaneiro de 2021, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 25 de setembro de 2018, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/173/2017-RP1, polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e que confirma, en consecuencia, a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución aos herdeiros de Ricardo Felpeto Ferreiro, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva na vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística