De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Emprego e Igualdade, así como para comprobaren o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial nos seguintes prazos:
– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.
– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.
De non o faceren así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 12 de marzo de 2021
Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Acta inf. nº |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
RL 2020/0316-1 |
I152020000060415 |
Fomaris de San Lázaro, S.L. |
B70541941 |
Santiago de Compostela |
Relacións laborais |
22.2.2021 |
RL 2020/0331-1 |
I152020000058189 |
Mug Dolce Café, S.L. |
B70226964 |
A Coruña |
Obstrución |
19.2.2021 |
RL2020/0356-1 |
I152020000036668 |
Restauración Terracotta Grill, S.L. |
B70496104 |
A Coruña |
Relacións laborais |
8.3.2021 |