Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 148/1992, do 5 de xuño, polo que se modifica o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, e para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao estableceren ou tramitaren os procedementos que resulten de aplicación, velarán por que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Tendo en conta o establecido no parágrafo anterior e co fin de asegurar que se observen as garantías en materia de participación na elaboración de disposicións de carácter xeral, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, unha vez iniciada a tramitación do Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 148/1992, do 5 de xuño, polo que se modifica o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 148/1992, do 5 de xuño, polo que se modifica o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Segundo. Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do proxecto de decreto na seguinte ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia:

http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en- tramitacion/en-plazo-de- envio-de- suxestions

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

• Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: reximexuridico.cmatv@xunta.gal

• Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin na ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda