Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e de construción da ampliación da planta solar fotovoltaica e da súa liña de evacuación que Raiola Future, S.L. promove no concello de Vilardevós, Ourense (expediente IN408A 2020/1-3).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Raiola Future, S.L. en relación coa autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da ampliación dunha planta solar fotovoltaica e da súa liña de evacuación, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 3 de setembro de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria resolveu outorgar autorización administrativa previa e de construción da planta solar fotovoltaica e da súa liña de evacuación que Raiola Future, S.L. promoveu no concello de Vilardevós, Ourense (IN408A 2018/2-3).

Segundo. Con data do 20 de febreiro de 2019, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense emitiu a autorización de explotación da planta solar fotovoltaica e da súa liña de evacuación titularidade de Raiola Future, S.L.

Terceiro. Con data do 28 de agosto de 2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria resolveu realizar a inscrición definitiva no Rexistro Administrativo de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co previsto no Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, da instalación solar fotovoltaica de 1.500 kW de potencia instalada titularidade de Raiola Future, S.L. situada no concello de Vilardevós (Ourense).

Cuarto. Con data do 4 de maio de 2020 Raiola Future, S.L. solicita a autorización administrativa previa e de construción da ampliación da planta solar fotovoltaica e da súa liña de evacuación, citada anteriormente.

Quinto. Mediante a Resolución do 11 de maio de 2020 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense someteu a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción do proxecto de ampliación dunha planta solar fotovoltaica en Vilardevós, Ourense (IN408A 2020/1-3) que se publicou con data do 1 de xuño de 2020 no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 124, e con data 4 de xuño de 2020 no Diario Oficial de Galicia núm. 108, sen que se presentase, dentro do prazo establecido, ningunha alegación contraria ao proxecto. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Instalación solar fotovoltaica para evacuación á rede de distribución, tipo II (Real decreto 1578/2008, do 26 de setembro) de 673,8 kW de potencia nominal (673,5 kWp), dotada de 2.245 módulos fotovoltaicos de silicio monocristalino de 300 Wp/u, marca TRUNSUM, modelo TXM 300-60; 31 seguidores solares de dobre posición (verán/inverno) BRAUX, modelo monosoporte; 5 inversores de sting de 134,76 kW de potencia nominal unitaria intemperie (IP-65) modelo ABB, modelo PVS-175, con potencia limitada que certifica o fabricante, para transformar continua en alterna 800 V (AC). Elementos de protección en continua e alterna.

– Centro de transformación con transformador de potencia de 1.000 kVA, con r/t 20/0,8 kV, refrixerado mediante o dieléctrico ORGANIC, en edificación prefabricada de formigón, cos seus elementos de corte, protección e servizos auxiliares que figuran no proxecto.

– Liña eléctrica soterrada de evacuación, a 20 kV, en condutor tipo RHZ1 12/20 3×(1×150) mm² Al 2OL, de 15 m de lonxitude de conexión do CT proxectado co centro de seccionamento (CS) (32CKP5) existente da compañía eléctrica distribuidora, dispoñible na parcela.

– (CS) Centro de seccionamento que, mantendo a envolvente e as celas existentes, incorpora unha nova cela de liña, para conexión da ampliación proposta.

Sexto. Con data do 14 de outubro de 2020, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense emitiu informe favorable á autorización administrativa previa e de construción da ampliación da planta solar fotovoltaica e da súa liña de evacuación.

Sétimo. Con data do 2 de febreiro de 2021 Raiola Future, S.L. presentou documentación adicional necesaria para continuar coa tramitación do procedemento.

Oitavo. A ampliación da planta solar fotovoltaica e da súa liña de evacuación conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de distribución para unha potencia de 673,80 kW, de acordo co informe do xestor da dita rede.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 2 do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, estrutura a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en diversos órganos superiores e de dirección.

Segundo. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 20 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación que atribúe á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en materia de enerxía, minas, administración e seguranza industrial, solo industrial, metroloxía e metais preciosos.

Terceiro. O artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico establece que para a posta en funcionamento de novas instalacións de transporte, distribución, produción e liñas directas determinadas na mencionada lei ou modificación das existentes requirirá de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e autorización de explotación, que terán carácter regrado e cuxo outorgamento corresponde á Administración autonómica.

Cuarto. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa á sociedade Raiola Future, S.L. para a ampliación dunha planta solar fotovoltaica e a súa liña de evacuación, promovida no concello de Vilardevós (Ourense) segundo o correspondente proxecto.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción da ampliación da devandita planta solar fotovoltaica e a súa liña de evacuación promovida no concello de Vilardevós (Ourense) segundo o proxecto de execución denominado «Proxecto para ampliación de parque solar fotovoltaico» asinado polos enxeñeiros técnicos industrias Jorge Ferreirós Lama colexiado nº 125 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense e Fernando Pereira García colexiado nº 298 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

– Instalación solar fotovoltaica, para evacuación á rede de distribución, tipo II (Real decreto 1578/2008, do 26 de setembro) de 673,8 kW de potencia nominal (673,5 kWp), dotada de 2.245 módulos fotovoltaicos de silicio monocristalino de 300 Wp/u, marca TRUNSUM, modelo TXM 300-60; 31 seguidores solares de dobre posición (verán/inverno) BRAUX, modelo monosoporte; 5 inversores de sting de 134,76 kW de potencia nominal unitaria intemperie (IP-65) modelo ABB, modelo PVS-175, con potencia limitada que certifica o fabricante, para transformar continua en alterna 800 V (AC). Elementos de protección en continua e alterna.

– Centro de transformación con transformador de potencia de 1.000 kVA, con r/t 20/0,8 kV, refrixerado mediante o dieléctrico ORGANIC, en edificación prefabricada de formigón, cos seus elementos de corte, protección e servizos auxiliares que figuran no proxecto.

– Liña eléctrica soterrada de evacuación, a 20 kV, en condutor tipo RHZ1 12/20 3×(1×150) mm² Al 2OL, de 15 m de lonxitude de conexión do CT proxectado co centro de seccionamento (CS) (32CKP5) existente da compañía eléctrica distribuidora, dispoñible na parcela.

– (CS) Centro de seccionamento que, mantendo a envolvente e as celas existentes, incorpora unha nova cela de liña, para conexión da ampliación proposta.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

1. A instalación terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución referido no punto segundo da parte dispositiva desta resolución.

2. Deberá cumprirse, en todo momento, canto establece o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, así como a demais normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

3. Para introducir modificacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta dirección xeral. Pola súa banda, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e deberá comunicar a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.

4. Unha vez construídas as instalacións, o titular presentará unha solicitude de autorización de explotación de acordo co establecido no artigo 53.c) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 132.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, perante a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense, co fin de que esta efectúe a inspección da totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificar o cumprimento dos compromisos contraídos por Raiola Future, S.L. e dos condicionados impostos nesta resolución.

5. O prazo para obter a autorización de explotación das instalacións será de seis meses contados a partir da data de notificación da presente resolución. Se, transcorrido o dito prazo, aquel non tivo lugar, producirase a caducidade desta autorización.

6. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos na autorización ou a variación substancial do presuposto que determinou o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación da autorización, logo de audiencia do interesado.

7. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética
e Recursos Naturais