Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16602

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Universidade de Vigo.

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 33, do 18 de febreiro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 10327, no punto cuarto, onde di:

«4. O padroado actual da fundación está formado polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, como presidente; o secretario xeral da Universidade de Vigo, Miguel Ángel Michinel Álvarez, como secretario; a xerente da Universidade de Vigo, Raquel María Souto García, como xerente; e os membros do equipo de goberno da Universidade de Vigo, José María Martín Moreno, José Luis Míguez Tabarés, Mónica Valderrama Santomé e Natalia Caparrini Marín, como vogais».

Debe dicir:

«4. O Padroado actual da fundación está formado polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, como presidente; o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa Silva, como vicepresidente; o secretario xeral da Universidade de Vigo, Miguel Ángel Michinel Álvarez, como secretario; a xerente da Universidade de Vigo, Raquel María Souto García, como vogal; e os membros do equipo de goberno da Universidade de Vigo, José María Martín Moreno, José Luis Míguez Tabarés, Mónica Valderrama Santomé e Natalia Caparrini Marín, como vogais».