Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 2 de marzo de 2021 polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de reintegro de subvencións no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento de reintegro do importe das axudas de que foi beneficiaria, por resultar infrutuosos os diferentes intentos realizados por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) sita na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa interesada que a dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE. Non obstante, previamente poderá interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

IG233.2018.1.71

76866474Z

Resolución de procedemento de reintegro