Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 10 de marzo de 2021 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Tender to Vagabond, varada no porto de Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Álvaro Pernas Barro na súa condición de interesado por ser a persoa que solicitou o servizo do porto de Burela mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 17 de febreiro de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación Tender to Vagabond, co folio 7ª-BA-4-19-92, varada no porto de Burela, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo xa lles foi notificado ao propietario da embarcación e á Capitanía Marítima de Burela.

O acordo emítese por encontrarse a embarcación varada sen actividade nin mantemento ningún en parcela de Portos de Galicia no porto de Burela e sen aboar taxas, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgaselle ao interesado antes identificado un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírteselle que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia