Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16439

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 15 de marzo de 2021 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para varios rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 308 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, do 27 de xaneiro de 2021 (BOE do 3 e do 11 de febreiro), e resolto pola Resolución do 4 de marzo de 2021, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do Regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 214/2020, do 3 de decembro, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

– Hermes Rego Valcarce, rexistrador de Pontevedra nº 1, para o Rexistro de Lugo nº 1.

– Patricia Oliveros Villar, rexistradora da Coruña nº 4, para o Rexistro de Carballo.

– María Cora Fernández, rexistradora de Daimiel, para o Rexistro de Vigo nº 6.