Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16453

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 218/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento PO 218/2019 deste xulgado do social se ditou resolución da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:

Resolución: Decreto do 2 de marzo de 2021.

Recurso e prazo: recurso de revisión no prazo de tres (3) días.

Persoa/empresa que se notifica: Ombuds Compañía de Seguridad, S.A.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ombuds Compañía de Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción en taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza