Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16452

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 413/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 413/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Quintáns Rico contra a empresa Mecanizados Aneal, S.L., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións con data do 18.1.2021 (decreto e cédula de citación), polas que se cita para a comparecencia a parte demandada para o acto de conciliación e xuízo para o vindeiro día 21.4.2021, ás 9.30 e 9.40 horas, respectivamente, na sala 3 do edificio da rúa Berlín.

Fáiselle saber que a demanda e demais documentos quedan á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Estando Mecanizados Aneal, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma legal deste.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza